•   You have to <a href="/user/login">sign in</a> to interact with the SiteName community
BLOG

Buscando mecenas en Ribeira

20 | 02 | 2017

O grupo de Oncoloxía Médica Translacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (Oncomet) pedía hoxe a colaboración para a campaña de micromecenado coa que pretende involucrar a toda os galegos na financiación colaborativa e desinteresada dun novo proxecto de investigación oncolóxica: a biopsia líquida.

A través das mesas informativas situadas na Rúa de Galicia de Ribeira  Oncomet daba a coñecer hoxe as vantaxes desta innovadora técnica non invasiva que logra extraer cunha simple análise de sangue a información de todo o material tumoral ofrecendo resultados case a tempo real.

As doazóns, que contan con importantes vantaxes fiscais, pódense realizar a través da propia plataforma de micromecenado, www.oncomet.es, chamando ao 981 955 344, enviando SMS ou ben a través dun ingreso  na conta corrente ES68 2080 0300 8730 4556 7736.

Os membros do grupo de Oncoloxía Médica Traslacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (Oncomet) manifestan o seu fondo agradecemento aos máis de 1.400 doantes que teñen participado na campaña así como aos miles de persoas que axudan a difundir a campaña.

Oncomet aspira a reunir 500.000 euros e está a recibir unha inestimable axuda de innumerables actividades promovidas por particulares e colectivos sociais. Son moitos os famosos, agrupacións, entidades e institucións os que están a apoiar a campaña a través de distintas iniciativas.