•   You have to <a href="/user/login">sign in</a> to interact with the SiteName community
BLOG

O Ateneo de Ferrol acolle unha conferencia sobre biopsia líquida

07 | 03 | 2017

A xefa de sección do servizo de Oncoloxía do hospital Arquitecto Marcide, Laura de Paz Ariaspresentou hoxe no Ateneo Ferrolán ao director do grupo de Oncoloxía Médica Traslacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Oncomet, Rafael López López.

O Dr. López centrou a súa intervención na biopsia líquida, un novo método de loita contra o cancro, e na campaña de micromecenado posta en marcha co fin de involucrar a todos os galegos na financiación colaborativa e desinteresada deste novo proxecto de investigación oncolóxica.

Liderado polo Dr. López, o grupo de Oncoloxía Médica Traslacional (Oncomet) do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) leva a traballar máis de cinco anos neste revolucionario método ata conseguir situar a Galicia como referente nacional e europeo no marco da medicina oncolóxica de precisión.

Esta campaña de micromecenado, que pretende chegar de aquí a abril aos 500.000 euros, está a bater récords de donación cidadá.