•   You have to <a href="/user/login">sign in</a> to interact with the SiteName community
BLOG

Presentación da campaña de micromecenado no Club Financiero Atlántico da Coruña

15 | 03 | 2017

O Dr. Rafael López López, director do Grupo de Oncoloxía Médica Traslacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (Oncomet) presentou hoxe no Club Financiero Atlántico da Coruña a campaña de micromecenado para recaudar fondos que permitan seguir avanzando na investigación da biopsia líquida.

A través desta campaña, o Dr. López pedía hoxe a colaboración de todos os coruñeses para financiar colaborativa e desinteresadamente este novo proxecto que situaría a Galicia na vangarda da investigación oncolóxica.

Durante a súa intervención, o director de Oncomet subliñou que en Galicia se rexistran ao ano 13.000 novos casos de cancro. Unha cifra que se eleva aos 200.000 en España e, a nivel mundial, se achega aos 14 millóns. “Trátase da enfermidade que máis preocupa no mundo occidental", indicou.

López reiterou a necesidade e a importancia da concienciación cidadá con respecto á colaboración no campo da investigación. Segundo o oncólogo “a cultura do mecenado aínda non está consolidada en España mentres que no resto de Europa é unha corrente que está a funcionar con total normalidade. Sen ir máis lonxe, en Inglaterra, o 42% das investigacións biomédicas se financian por doazóns de particulares mentres que en España, menos do 2%", asegurou.

A biopsia líquida é un dos campos máis prometedores no mundo da oncoloxía dos últimos tempos nos que Oncomet leva a traballar máis de

O Dr. Rafael López López, director do Grupo de Oncoloxía Médica Traslacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (Oncomet), acompañado polo vicepresidente do Colexio Oficial de Médicos da Coruña, o Dr. Enrique Castellón, presentou hoxe no Auditorio da sede da Fundación Barrié da Coruña a campaña de micromecenado para recaudar fondos que permitan seguir avanzando na investigación da biopsia líquida.

A través desta campaña, o Dr. López pedía hoxe a colaboración de todos os coruñeses para financiar colaborativa e desinteresadamente este novo proxecto que situaría a Galicia na vangarda da investigación oncolóxica.

Durante a súa intervención, o director de Oncomet subliñou que en Galicia se rexistran ao ano 13.000 novos casos de cancro. Unha cifra que se eleva aos 200.000 en España e, a nivel mundial, se achega aos 14 millóns. “Trátase da enfermidade que máis preocupa no mundo occidental", indicou.

López reiterou a necesidade e a importancia da concienciación cidadá con respecto á colaboración no campo da investigación. Segundo o oncólogo “a cultura do mecenado aínda non está consolidada en España mentres que no resto de Europa é unha corrente que está a funcionar con total normalidade. Sen ir máis lonxe, en Inglaterra, o 42% das investigacións biomédicas se financian por doazóns de particulares mentres que en España, menos do 2%", asegurou.

A biopsia líquida é un dos campos máis prometedores no mundo da oncoloxía dos últimos tempos nos que Oncomet leva a traballar máis de cinco anos. “Os fondos que se consigan nesta campaña permitirían a contratación do persoal necesario así como a compra do equipamento preciso para continuar con esta investigación que melloraría a calidade e a esperanza de vida dos doentes de cancro”, sinalaba o Dr. López.