•   You have to <a href="/user/login">sign in</a> to interact with the SiteName community
BLOG

A investigadora Laura Muinelo apela á colaboracion cidadá no MOME da Estrada

23 | 03 | 2017
A dra. Laura Muinelo, investigadora do grupo Oncomet, falou hoxe no MOME da Estrada da campaña de micromecenado para o estudo da biopsia líquida que o grupo está a levar a cabo e que xa acadou máis de 300.000 euros recadados desde o mes de xaneiro. 
 
A 20 días de remate da campaña de micromecenado, que conta xa con máis de 8.000 donantes, Muinelo apelou á colaboración dos veciños da Estrada e comarca para chegar aos 500.000 euros necesarios para  seguir a investigar sobre a biopsia líquida, un novo e revolucinario método de loita contra o cancro.
 

Aínda é posible colaborar con Oncomet. Os interesados poden facelo a través da plataforma web www.oncomet.es onde quedan rexistradas todas as aportacións e a cantidade recadada de forma completamente transparente. Tamés se pode facer a través de trasferencia bancaria, enviando un SMS coa palabra CANCRO ao número 28014 para aportar 1,20 euros ou ao número 38014 para aportar 6 euros. Ou incluso a través do teléfono 981 955 344.