•   You have to <a href="/user/login">sign in</a> to interact with the SiteName community
BLOG

Achegamos a biopsia líquida a Navantia - Ferrrol

10 | 04 | 2017
O investigador do grupo de Oncoloxía Médica Traslacional, Ángel Díaz Lagares, achegou hoxe os pormenores da biopsia líquida nunha charla informativa que tivo lugar nas instalacións de Navantia en Ferrol.

A un día do peche de campaña, Ángel Díaz  facía fincapé nas vantaxes desta nova e revolucionaria técnica na loita contra o cancro e pedía a colaboración  para financiar colaborativa e desinteresadamente este novo proxecto que situaría a Galicia na vangarda da investigación oncolóxica e que está xa a mellorar a esperanza e a calidade de vida de moitos pacentes galegos.