•   You have to <a href="/user/login">sign in</a> to interact with the SiteName community
BLOG

Oncomet recibe o premio da Fundación ECO á Iniciativa de Calidade Investigadora en Oncoloxía

21 | 06 | 2017

A Fundación ECO (Excelencia e Calidade da Oncoloxía) fixo entrega onte dos seus premios anuais, nos que se recoñece a abor de distintas persoas e institucións que contribúen na loita contra o cancro desde distintos ámbitos.

O Grupo de Oncoloxía Médica Traslacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela recibiu o recoñecemento á Iniciativa de Calidade Investigadora en Oncoloxía pola súa campaña de crowdfunding para que a Biopsia Líquida sexa unha realidade.

Estes galardóns están dirixidos a aquelas persoas ou institucións que contribuiron de forma significativa na loita contra o cancro no último ano desde distintos ámbitos. Os premios valoran as aportacións desde o punto de vista clínico, científico ou investigador, pero tamén desde o político, asistencial, solidario e divulgativo.

A Fundación ECO é unha rede de expertos en oncoloxía, fundada en 2009. Creada polos responsables dos Departamentos de Oncoloxía Médica dos principais hospitais de España e está orientada a lograr excelencia e calidade en oncoloxía. Busca e desenvolve solucións e ferramentas que permitan avanzar na loita contra el cancro. Os profesionais da Fundación ECO promoven a calidade en tres áreas principais: a calidade na atención ao pacente, a educación médica especializada e o apoio á investigación.