Biopsia Líquida

O noso obxectivo é propor a toda a Sociedade Civil Galega que financie colaborativamente e de forma desinteresada un proxecto deseñado polo grupo de Oncoloxía Médica Traslacional, co obxectivo de pór os galegos ás portas da medicina de precisión.  O grupo desenvolve a súa actividade no Hospital Clínico de Santiago de Compostela, e pertence ao Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS). Os fondos que se consigan destinaranse á contratación de persoal, instrumental, e material funxible, para levar a cabo un proxecto de investigación moi ambicioso dentro do campo da biopsia líquida e que ha poder dar lugar nun futuro á mellora do manexo clínico de doentes oncolóxicos.

Quen somos

O grupo de Oncoloxía Médica Translacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela  (Oncomet) liderado polo Dr. Rafael López López, xefe do Servizo de Oncoloxía Médica do CHUS, conta con 13 oncólogos e outros 50 profesionais de distintas disciplinas (psicólogos, enfermeiros, auxiliares, biólogos, químicos, etc). 

 

Os nosos dous eixos de actividade son a asistencia médica e a investigación translacional.  Contamos para iso coa Unidade de Ensaios Clínicos, que coordina todos os estudos oncolóxicos, e con catro laboratorios de vangarda: o Laboratorio de Oncoloxía Médica Translacional, a Unidade de Análise de Biopsia Líquida, a Unidade de Epixenómica e o Laboratorio de Nano-Oncoloxía.  En todos contamos cun investigador sénior, estudantes predoutorais e de máster, e técnicos de laboratorio. 

 

Participamos ademais de xeito continuado en actividades formativas e divulgativas, acollendo estudantes de todas as nacionalidade para que realicen estadías.  Colaboramos en distintas accións de promoción e fomento da investigación, potenciando sempre aqueles membros máis novos.  A nosa intención é apoiar a formación de futuros profesionais da investigación, crear redes de cooperación e trasladar á sociedade a importancia da investigación en saúde.

 

Iniciamos a nosa actividade en 2009 e, mesmo sendo un grupo novo, somos referencia en Galicia pola nosa alta capacitación a nivel tecnolóxico e pola nosa experiencia no desenvolvemento de proxectos de alto impacto en oncoloxía, centrados en todo o proceso de metástases, especialmente no estudo de células tumorais circulantes.

Qué queremos?

O cancro é unha das principais causas de morbilidade e mortalidade en todo o mundo.  En 2012 houbo 14 millóns de novos casos de cancro e 8,2 millóns de mortes relacionadas con el e prevese que o número de novos casos aumente en aproximadamente un 70% nos próximos 20 anos (Axencia Internacional para a Investigación en Cancro, Organización Mundial da Saúde).  En España diagnostícanse ao redor de 200.000 novos casos de cancro ao ano e hai máis de 1.500.000 de doentes diagnosticados (Asociación Española Contra o Cancro)

En España, o noso grupo é un dos pioneiros en incorporar a tecnoloxía e os coñecementos necesarios para a análise de Biopsia Líquida, e somos un referente neste eido.  O cancro é unha doenza complexa que cómpre abordar dun xeito multidisciplinar e con esforzo conxunto de moitos investigadores.

Desde o Grupo de Oncoloxía Médica Translacional queremos desenvolver un proxecto de investigación dirixido a caracterizar distintos tumores a través de mostras de sangue (Biopsia Líquida) de doentes oncolóxicos de Galicia, co obxectivo de estudarmos a súa evolución e obtermos información sobre os mecanismos polos cales se produce a metástase ou se activan resistencias aos distintos tratamentos.  En concreto, buscamos marcadores que nos acheguen información sobre o mellor tratamento a escoller e en que momento os doentes deixan de responder ao referido tratamento.  Procuramos tamén marcadores que nos permitan diagnosticar a doenza en estadios temperás, cando as opcións de cura dos doentes son maiores.  Así, os resultados deste estudo fornecerannos información moi valiosa, para facermos unha diagnose máis temperá e sinxela da doenza ben como para seleccionarmos o tratamento dos doentes dun xeito máis eficaz e personalizado.

Queremos avanzar en investigación para que a Medicina de Precisións sexa unha realidade en Galicia dentro de pouco e que os doentes poidan beneficiarse o máis rapidamente posible das vantaxes da Biopsia Líquida.

 

En que consiste o proxecto de investigación que queremos desenvolver?

Desde o grupo de investigación precisamos de recadar diñeiro para pormos en marcha un proxecto de investigación no que imos tratar de identificar novos marcadores en CTCs e ctDNA que permitan nun futuro aos oncólogos faceren una terapia máis personalizada e eficaz para os doentes con distintos tipos de tumores. Para desenvolver este proxecto precísase a adquisición de equipos especializados e persoal cualificado para a análise das mostras.

Impacto esperado do proxecto

A realización do proxecto permitirá que o grupo de Oncoloxía Médica Translacional se converta nun laboratorio líder no seu campo, dispondo, así mesmo, da tecnoloxía máis punteira e innovadora así como de persoal cunha gran experiencia e prestixio.  Os resultados do traballo de investigación alén de publicárense en revistas de prestixio internacional poderán repercutir nun futuro na mellora da calidade de vida dos doentes con cancro, tanto en Galicia coma a nivel nacional e internacional.

 

 Que é a biopsia líquida?

A Biopsia Líquida é unha técnica que comezou recentemente a empregarse en Oncoloxía e que vai ser de enorme utilidade en clínica nun breve período de tempo.  Esta técnica baséase no estudo do material tumoral presente en distintos fluídos biolóxicos como o sangue, a ouriña ou a saliva, entre outros.   Xeralmente emprégase o termo biopsia líquida para referírmonos a mostras de sangue.  Na circulación dos doentes oncolóxicos podémonos atopar células tumorais circulantes (CTCs), é dicir aquelas células que escapan do tumor ou as metástases e chegan ao sangue, por onde circulan durante curto espazo de tempo ata acabaren por morrer.  Algunhas destas células son quen de sobreviviren no sangue e chegaren a outros órganos distais onde poden formar novos focos tumorais.  Por iso están consideradas como a principal fonte de metástases. 

O coñecemento sobre a existencia destas células vén de lonxe.  En 1869 un médico australiano, Thomas Ashworth, describe a presenza de células tumorais no sangue de doentes con cancro de mama.  Sen embargo, ata hai pouco máis dunha década non existían técnicas que permitisen o illamento e estudo das CTCs.  Isto débese a que son células que se atopan nunha moi baixa concentración en sangue.  Estímase que hai 1 CTC cada 106 de células do sangue.  Na actualidade existen diversos estudos que teñen demostrado que os doentes con niveis altos de CTCs en sangue teñen unha evolución peor da súa doenza.  Así mesmo, a través da análise destas células durante o tratamento os oncólogos poden ver se os doentes responden ao tratamento con quimioterapia ou se trala cirurxía se eliminou toda a doenza.  

Ademais das CTCs, no sangue dos doentes con cancro aparece material xenético (DNA/RNA) que liberan as células tumorais. Este material xenético pódese illar e estudar mediante técnicas altamente sensibles como son a ultrasecuenciación ou a PCR dixital. Estudando o DNA tumoral circulante dos doentes podemos atopar as mutacións que caracterizan o tumor.  A posibilidade de virmos a comprende a bioloxía dos tumores a través do estudo de CTCs ou do material xenético presente no sangue permitiu que a Biopsia Líquida comece a ser hoxe en día unha realidade para os oncólogos.

 

Cales son as vantaxes da utilización de biopsia líquida de a compararmos coa biopsia de tecido?

A forma tradicional de analizar os tumores para poder escoller o tratamento baséase na obtención dunha mostra de tecido do tumor ou da metástase para que os patólogos a analicen.  Dependendo deste resultado os oncólogos escollen o tratamento.  En ocasións os tumores atópanse en sitios nos que é difícil conseguir unha mostra de tecido.  Nesa situación, por veces non é posible determinar nin a orixe do tumor nin que fármacos poden ser máis eficaces para combatelo.  Por iso é tan importante a posibilidade de estudar os tumores a través do sangue, porque permite caracterizalos sen precisar de ter unha biopsia de tecido.  Simplemente cunha análise de sangre, unha mostra totalmente accesible, os oncólogos poden saber a que tipo de tumor se ten que enfrontar.  

Por outra banda, os tumores poden ir mudando co tempo e tamén como resposta ao tratamento.  É inviable tomar biopsia de tecido cada pouco tempo para poder estudar esas alteracións.  Sen embargo, a través do estudo da biopsia líquida podemos facer unha caracterización dinámica dos cambios que teñen lugar no tumor ao longo do tempo, permitindo así aos oncólogos elaboraren un tratamento máis personalizado para cada doente e para cada momento da doenza.  Por outro lado, se estudarmos un só anaco de tumor poida que nos perdamos información moi importante que está na parte do tumor non analizada.  Estudando as CTCs e o material xenético presente no sangue podemos chegar a comprender os tumores en toda a súa complexidade pois o sangue recolle o material que liberan todas as células que fan parte do tumor, incluídas as metástases.

 

 Que utilidade vai ter a Biopsia Líquida para os Oncólogos?

A posibilidade de estudar biopsia líquida axudará os oncólogos en distintas fases da doenza.  Por exemplo, a emitiren unha diagnose da doenza e determinaren se se atopa nun estadio inicial ou máis avanzado.  Tamén facilitará que os oncólogos poidan avanzar un prognóstico sobre cal irá ser a evolución da doenza e tamén determinar a recorrencia en doentes que se consideran curados.  Por outra parte, o estudo da biopsia líquida permitirá aos oncólogos descartaren tratamentos que non funcionen e avaliaren ao longo do tempo a resposta dos doentes aos tratamentos que reciben. 

Sabemos que algunhas persoas poden responder de xeito eficaz a un tratamento e noutras persoas ese mesmo fármaco, amais de non ser beneficioso, pode mesmo chegar a producir efectos adversos.  O tratamento baseado nas diferenzas individuais é o que se coñece como oncoloxía personalizada ou oncoloxía de precisión.  A biopsia líquida será esencial para poder facer oncoloxía de precisión.


A quén beneficia este proxecto?

Calquera doente con cancro pode potencialmente beneficiarse nun futuro dos resultados deste proxecto.  Aínda que nos centramos principalmente no estudo das metástases a través da Biopsia Líquida, o fondo coñecemento dos mecanismos polos que estas se producen pódenos fornecer evidencias para, por exemplo, adiantármonos na diagnose ou para tratarmos a doenza en estadios máis temperás.  Toda a información que obteñamos ha ser de gran utilidade para oncólogos e en xeral para calquera profesional da saúde que trate con enfermeiros oncolóxicos.

Cofinanciación

Material Importe
Adquisición de sistema para analizar CTCs

Sistema para analizar CTCs

150.000 €
Adquisición de equipo de PCR-dixital para a análise de ctDNA

Equipo de PCR-dixital para a análise de ctDNA

111.000 €
Tarefa Importe
Contrato dun licenciado durante 3 anos

Contrato de persoal

89.000 €
Análise de 300 mostras de sangue

Análise de mostras

150.000 €
Total 500.000 €
 Imprescindíbel
 Adicional


Fai o teu donativo

Transferencia bancaria á conta de ABANCA ou nas súas oficinas
ES68 2080 0300 8730 4556 7736

*De conformidade Coa Lei 10/2010, de Prevención de branqueo de capitais, é imprescindible identificar a titularidade da doazón, polo que pregamos que para importes iguais ou superiores a 100€, nos faciliten todos os seus datos Grazas

Plataforma Web www.oncomet.es

Teléfono: 981 955 344

E-Mail: colabora.biopsia.liquida@oncomet.es

SMS coa palabra CANCRO ó 28014 para aportar 1,20

SMS coa palabra CANCRO ó 38014 para aportar 6 €

*Custo 1,2 euros ao 28014 e 6 euros ao 38014 (doazóns íntegras para a Fundación para Investigación e Desenvolvemento Ramón Domínguez). Servizo de SMS para recaudación de fondos en campaña de tipo solidario operado por Altiria TIC - www.altiria.com, e a Asociación Española de Fundraising. Nº atn. clte. 902 00 28 98 apdo. correos 36059, 28080 Madrid. Colaboran Movistar, Vodafone, Orange, Yoigo e Euskaltel
Colabora Axudándonos a difundir a campaña a través das túas redes sociais, páxina web, no teu establecemento, etc.
Participando como voluntario ou voluntaria nos distintos eventos que se están a organizar en distintos puntos de Galicia

Á vez que apostas pola investigación oncolóxica en Galicia, a túa aportación ten outras vantaxes para ti:

  1. Poderaste acoller á Lei 49/2002 e beneficios fiscais deste tipo de doazóns.

  2. O teu nome e logotipo da túa empresa aparecerá na nosa web como colaborador do proxecto de investigación.

  3. Recibirás un distintivo como colaborador para poñer na túa propia web ou establecemento.

  4. Recibirás o correspondente certificado de doazón, unha carta de agradecemento do grupo e o máis importante, manterémoste sempre ao tanto da evolución da investigación.

 Ir a listado cofinanciadores

O meu caudal en goteo

  • + de 25 Fan
  • + de 100 Patrocinador/a
  • + de 500 Apostador/a
  • + de 1000 Abonad@
  • + de 3000 Visionari@

Cofinanceiros

Cofinanceiros
5535
Total de aportacións
640.568
  • Anónimo

    Posición
    Achega aquí:
    30
    Data
    12/06/2017
  • Anónimo ( Transferencia bancaria / Ingreso en conta )

    Posición
    Achega aquí:
    100
    Data
    05/06/2017
  • Anónimo ( Transferencia bancaria / Ingreso en conta )

    Posición
    Achega aquí:
    50
    Data
    04/06/2017
  • Anónimo ( Transferencia bancaria / Ingreso en conta )

    Posición
    Achega aquí:
    10
    Data
    01/06/2017
  • Anónimo ( Transferencia bancaria / Ingreso en conta )

    Posición
    Achega aquí:
    70
    Data
    01/06/2017
  • Anónimo

    Posición
    Achega aquí:
    10
    Data
    01/06/2017
  • Anónimo ( Transferencia bancaria / Ingreso en conta )

    Posición
    Achega aquí:
    200
    Data
    31/05/2017
  • Anónimo ( Transferencia bancaria / Ingreso en conta )

    Posición
    Achega aquí:
    135
    Data
    29/05/2017
  • Anónimo ( Transferencia bancaria / Ingreso en conta )

    Posición
    Achega aquí:
    10
    Data
    26/05/2017
  • Anónimo ( Transferencia bancaria / Ingreso en conta )

    Posición
    Achega aquí:
    91
    Data
    26/05/2017

Leyenda

  • + de 25 Fan
  • + de 100 Patrocinador/a
  • + de 500 Apostador/a
  • + de 1000 Abonad@
  • + de 3000 Visionari@

Non se publicou ningunha entrada


640.568 Obtido
500.000
5,535 Cofinanceiros
Fai o teu donativo

Transferencia bancaria á conta de ABANCA ou nas súas oficinas
ES68 2080 0300 8730 4556 7736

*De conformidade Coa Lei 10/2010, de Prevención de branqueo de capitais, é imprescindible identificar a titularidade da doazón, polo que pregamos que para importes iguais ou superiores a 100€, nos faciliten todos os seus datos Grazas

Plataforma Web www.oncomet.es

Teléfono: 981 955 344

E-Mail: colabora.biopsia.liquida@oncomet.es

SMS coa palabra CANCRO ao 28014 para aportar 1,20

SMS coa palabra CANCRO ao 38014 para aportar 6 €

*Custo 1,2 euros ao 28014 e 6 euros ao 38014 (doazóns íntegras para a Fundación para Investigación e Desenvolvemento Ramón Domínguez). Servizo de SMS para recaudación de fondos en campaña de tipo solidario operado por Altiria TIC - www.altiria.com, e a Asociación Española de Fundraising. Nº atn. clte. 902 00 28 98 apdo. correos 36059, 28080 Madrid. Colaboran Movistar, Vodafone, Orange, Yoigo e Euskaltel
Colabora Axudándonos a difundir a campaña a través das túas redes sociais, páxina web, no teu establecemento, etc.

Participando como voluntario ou voluntaria nos distintos eventos que se están a organizar en distintos puntos de Galicia
  • AGRADECEMENTO

    O noso máis sincero agradecemento para os que aportedes o que poidades colaborando nesta investigación. Coa túa aportación e a de todos os galegos e as galegas conseguiremos dar un paso moi importante na loita contra o cancro.

    Cofinancia este proxecto
Colaboradores
O noso máis sincero agradecemento ás empresas que colaboran co seu traballo nesta campaña.