•   You have to <a href="/user/login">sign in</a> to interact with the SiteName community
BLOG

Rafael López explica en Lugo as vantaxes da biopsia líquida

15 | 02 | 2017

O Dr. Rafael López López xunto ao oncólogo do Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo, o Dr. Sergio Vázquez, presentou hoxe na sede da Praza de España de Abanca de Lugo a campaña de micromecenado para recaudar fondos que permitan seguir avanzando na investigación da biopsia líquida.

A través desta campaña, o Dr. López  pedía hoxe a colaboración de todos os lucenses para financiar colaborativa e desinteresadamente este novo proxecto que situaría a Galicia na vangarda da investigación oncolóxica e que está xa a mellorar a esperanza e a calidade de vida de moitos pacentes galegos.

 

O resultados do estudo da biopsia líquida permitirán abrir novas vías de tratamento e ampliar o número de pacentes. “Poderiamos adiantarnos no diagnóstico dos doentes de cancro e tratar a enfermidade en estadíos máis trempranos, seleccionando así mellor os tratamentos”, explicaba.

Durante a súa intervención, o director de Oncomet subliñou que en Galicia se rexistran ao ano 13.000 novos casos de cancro. Unha cifra que se eleva aos 200.000 en España e, a nivel mundial, se achega aos 14 millóns. “Trátase da enfermidade que máis preocupa no mundo occidental", indicou.

López reiterou a necesidade e a importancia da concienciación cidadá con respecto á colaboración no campo da investigación. Segundo o oncólogo “a cultura do mecenado aínda non está consolidada en España mentres que no resto de Europa é unha corrente que está a funcionar con total normalidade. Sen ir máis lonxe, en Inglaterra, o 42% das investigacións biomédicas se financian por doazóns de particulares mentres que en España, menos do 2%", asegurou. Ademáis, o director de Oncomet lembrou tamén  as vantaxes fiscais ás que poden acollerse todos os donantes.

A biopsia líquida é un dos campos máis prometedores no mundo da oncoloxía dos últimos tempos nos que Oncomet leva a traballar máis de cinco anos. “Os fondos que se consigan nesta campaña permitirían a contratación do persoal necesario así como a compra do equipamento preciso para continuar con esta investigación”, sinalaba o Dr. López.

As donacións pódense realizar a través da propia plataforma, www.oncomet.es, chamando ao 981 955 344, a través dun ingreso na conta corrente ES68 2080 0300 8730 4556 7736 ou enviando SMS coa palabra CANCRO ao 28014 (1,20 €) ou  ao 38014 (6 €). O importe vai íntegro á campaña

De conseguir o éxito agardado de aquí a marzo, 500.000 euros, a campaña contribuiría a colocar a Galicia nunha situación de liderazgo no marco da medicina oncolóxica de precisión.