•   You have to <a href="/user/login">sign in</a> to interact with the SiteName community
BLOG

Arranca a campaña de recaudación de fondos para o estudo da biopsia líquida

12 | 01 | 2017

O Grupo de Oncoloxía Médica Traslacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Oncomet, presentou hoxe en Santiago de Compostela a campaña de micromecenado para recaudar fondos que o permitan seguir avanzando na investigación da biopsia líquida situando así a Galicia na vangarda da investigación oncolóxica.

A biopsia líquida é un novo método de análise, máis rápido e menos invasivo, capaz de analizar tumores a través dunha extracción de sangue.

Os interesados en participar neste proxecto apoiando a investigación contra o cancro poden informarse dos distintos xeitos de colaboración posibles a través desta web www.oncomet.es ou chamando ao 981 955 344. O éxito da campaña contribuiría a colocar a Galicia nunha situación de liderazgo no marco da medicina oncolóxica de precisión.

Tal e como indicou hoxe na presentación da campaña de recaudación de fondos  o  Dr. Rafael López, que lidera o grupo Oncomet,  “agora o futuro está en que as técnicas sexan máis sensibles e rápidas, chegando a ter os resultados da biopsia líquida na mesma consulta médica”.

López pediu a colaboración de todos os galegos e todas as galegas co fin de achegar un pouco máis ese futuro ao presente  a través desta campaña de micromecenado  que  hoxe se pon en marcha e que permitiría a Oncomet continuar a investigar sobre a biopsia líquida situando así a Galicia na vagarda da investigación oncolóxica de precisión.