•   Debes <a href="/user/login">iniciar sesión</a> para interactuar coa comunidade de SiteName
BLOG

As doctoras María de la Fuente e Francisca Vázquez achegan a biopsia líquida a Culleredo

29 | 03 | 2017

O salón de actos do Pazo de Vila Melania de Vilaboa, Culleredo, acolleu esta tarde unha conferencia na que as dras. María de la Fuente e Francisca Vázquez explicaron os pormenores e as vantaxes desta nova técnica que está a revolucionar o mundo da oncoloxía: a biopsia líquida.

 Son xa máis de 330.000 euros os acadados ata o momento na campaña para o estudo da biopsia líquida do grupo de Oncoloxía Médica Traslacional de Santiago de Compostela pero Oncomet precisa chegar aos 500.000 euros nos 14 días que quedan de campaña polo que se apela á colaboración das grandes empresas galegas xa que a resposta cidadá está a ser inmellorable.

 O resultados do estudo da biopsia líquida permitirán abrir novas vías de tratamento e ampliar o número de pacentes adiantándonos no diagnóstico dos doentes de cancro e tratar a enfermidade en estadíos máis trempranos, seleccionando así mellor os tratamentos.

A biopsia líquida é un dos campos máis prometedores no mundo da oncoloxía dos últimos tempos nos que Oncomet leva a traballar máis de cinco anos. Os fondos que se consigan nesta campaña permitirían a contratación do persoal necesario así como a compra do equipamento preciso para continuar con esta investigación.

De conseguir o éxito agardado nos 14 días que quedan, a campaña contribuiría a colocar a Galicia nunha situación de liderazgo no marco da medicina oncolóxica de precisión.