O Auditorio Municipal de Nigrán acolleu hoxe, xoves, unha conferencia na que a dra. Teresa Curiel, do Grupo de Oncoloxía Médica Traslacional de Santiago de Compostela, explicou os pormenores e as vantaxes desta nova técnica que está a revolucionar o mundo da oncoloxía: a biopsia líquida, e deu a coñecer a campaña de micromecenado para recaudar fondos que permitan seguir avanzando na investigación.
A dra. Curiel pedía hoxe a colaboración de todos os veciños do municipio e comarca para financiar colaborativa e desinteresadamente este novo proxecto que situaría a Galicia na vangarda da investigación oncolóxica e que está xa a mellorar a esperanza e a calidade de vida de moitos pacentes galegos.
Son xa máis de 344.000 euros os acadados ata o momento pero Oncomet precisa chegar aos 500.000 euros nos 13 días que quedan de campaña. O resultados do estudo da biopsia líquida permitirán abrir novas vías de tratamento e ampliar o número de pacentes. “Poderiamos adiantarnos no diagnóstico dos doentes de cancro e tratar a enfermidade en estadíos máis tempranos, seleccionando así mellor os tratamentos”, explicaba a dra. Curiel.
A biopsia líquida é un dos campos máis prometedores no mundo da oncoloxía dos últimos tempos nos que Oncomet leva a traballar máis de cinco anos. Teresa Curiel lembraba as formas en se pode colaborar aínda coa campaña: a través da propia plataforma, www.oncomet.es, chamando ao 981 955 344, a través dun ingreso na conta corrente ES68 2080 0300 8730 4556 7736 ou enviando SMS coa palabra CANCRO ao 28014 (1,20 €) ou ao 38014 (6 €). O importe vai íntegro á campaña.