O Liceo de Betanzos acolleu hoxe unha conferencia na que as dras. Sonia Candamio e Francisca Vázquez explicaron os pormenores e as vantaxes desta nova técnica que está a revolucionar o mundo da oncoloxía: a biopsia líquida.
Son xa máis de 380.000 euros os acadados ata o momento pero Oncomet precisa chegar aos 500.000 euros nos 6 días que quedan de campaña polo que se apela á colaboración das grandes empresas galegas xa que a resposta cidadá está a ser inmellorable.
A biopsia líquida é un dos campos máis prometedores no mundo da oncoloxía dos últimos tempos nos que Oncomet leva a traballar máis de cinco anos. Os fondos que se consigan nesta campaña permitirían a contratación do persoal necesario así como a compra do equipamento preciso para continuar con esta investigación.