•   Debes <a href="/user/login">iniciar sesión</a> para interactuar coa comunidade de SiteName
BLOG

Sarria vólcase coa biopsia líquida

04 | 04 | 2017

A Sociedade Cultural a Unión acolleu hoxe, martes, unha conferencia na que a dra. Carmela Rodríguez, do Grupo de Oncoloxía Médica Traslacional de Santiago de Compostela, explicou os pormenores e as vantaxes desta nova técnica que está a revolucionar o mundo da oncoloxía: a biopsia líquida, e deu a coñecer a campaña de micromecenado para recaudar fondos que permitan seguir avanzando na investigación.

A dra. Rodríguez pedía hoxe a colaboración de todos os veciños do municipio e comarca para financiar colaborativa e desinteresadamente este novo proxecto que situaría a Galicia na vangarda da investigación oncolóxica e que está xa a mellorar a esperanza e a calidade de vida de moitos pacentes galegos.

Son xa máis de 380.000 euros os acadados ata o momento pero Oncomet precisa chegar aos 500.000 euros nos 8 días que quedan de campaña. O resultados do estudo da biopsia líquida permitirán abrir novas vías de tratamento e ampliar o número de pacentes. “Poderiamos adiantarnos no diagnóstico dos doentes de cancro e tratar a enfermidade en estadíos máis tempranos, seleccionando así mellor os tratamentos”, explicaba a dra.